Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Noticias

Velaquí o vídeo da aparición do colexio onte no programa «Xuntos» da  TVG no que varios/as alumnos/as descubren os aparellos que utilizabamos hai unhas décadas para escoitar música. Que recordos, como pasa o tempo! E como colofón, a intervención dun ex-alumno ilustre. Grazas por esta oportunidade! Podédelo atopar tamén nesta ligazón, a partir do minuto 02:04.  
Leer más
O alumnado de 3º e 4º de primaria aprendeu sobre a flora e a fauna autóctonas grazas a unha saida ao bosque enmarcada no programa de actividades organizadas polo Concello para escolares. Foi unha experiencia estupenda! Grazas por esta oportunidade!
Leer más
Hoxe demos a benvida a 11 estudantes italianos e a 2 dos seus profesores, do ITIS León Battista Alberti en Roma, que farán unha estadía de estudios enmarcada no programa Erasmus + ata o vindeiro 25 de novembro. Logo dunha acollida polo equipo directivo e un tour polo centro, foron recibidos no Concello e fixeron un tour guiado polo casco 
Leer más
O departamento de orientación organiza un concurso de árbores de Nadal! Só tes que: 1) Botarlle imaxinación 2) Crear unha árbore de Nadal con material de refugallo cunha altua mínima de 30 cm e máxima de 70cm 3) Presentar a túa creación antes do 11 de decembro Haberá 3 premios, un por etapa educativa (infantil, primaria e ESO) Os gañadores 
Leer más
O alumnado de 4º da ESO asistíu a unha charla sobre a prevención das adiccións ás novas tecnoloxías impartida por Sisela de CIMO. Foi unha sesión tan amena como instrutiva na que aprenderon o potencial e os riscos do uso das TIC e exploraron exemplos de boas prácticas dixitais. Para saber máis, visita o blog de Orientación.
Leer más
O alumnado de 4º da ESO visitou o novo emprezamento do Arquivo Provincial de Ourense no antigo convento de San Francisco; alí tiveron a oportunidade de coñecer a evolución histórica e artística do Arquivo, achegarse a algúns dos seus fondos e valorar a riqueza arquitectónica do propio convento. Grazas por esta oportunidade!
Leer más
Velaquí varias imaxes da celebración do Magosto en infantil: lecturas de contos, coroas de outono, manualidades de marionetas-castañas, baile da muiñeira, xogos populares e, suposto, a visita da castañeira! Canto aprendemos xuntos!! Para saber máis, visita o blog de 5 anos.  
Leer más
Esta fin de semana participamos na XLVI edición da Carreira Pedestre Popular de San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense. Cunha inscripción de 145 alumnos e alumnas de Primaria e ESO compartimos unha mañá de experiencias e deporte.Parabéns a todos os participantes! Empeza a preparación para a seguinte edición……..
Leer más
O alumnado de primaria levou a cabo varias actividades para celebrar o San Martiño, a festa por excelencia da nosa cidade: xogos interactivos, manualidades, visita da castañeira con degustación de froitos do outono e selección de refráns e ditos populares. Velaquí varias imaxes. Feliz Magosto!
Leer más
O alumnado de 6º de primaria ven de participar en «Dobraxe na Escola», unha actividade organizada pola Concellería de Educación, grazas á que achegáronse a aspectos clave na dobraxe das películas de animación como a pronuncia, cadencia, ritmo, entoación e intención. Tamén aprenderon a importancia da concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que puideron dobrar esceas 
Leer más