Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Noticias

O alumnado de 3º da ESO participou esta mañá nas xincanas lúdico-educativas do programa “Localízate, Localízate no teu comercio local”, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de crear vínculos de valor entre a mocidade galega e os establecementos comerciais da súa contorna. A actividade desenvolveuse en formato de carreira por equipos e permitiu ao alumnado percorrer diferentes 
Leer más
Estes días celebramos a Semana de Europa, coincidindo co 9 de maio, Día de Europa. Realizamos numerosas actividades en todos os niveis educativos para achegar ao alumnado á diversidade, á cultura e aos valores da Unión Europea 🌍📚🎨 Ademais, no vestíbulo do cole contamos cun Infopoint europeo, un espazo informativo no que se poden atopar folletos, infografías e pósters elaborados 
Leer más
Co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, conmemorado o pasado 2 de maio, o noso centro reafirma a súa postura de tolerancia cero fronte ao acoso escolar e o seu compromiso coa prevención, a sensibilización e a convivencia positiva. Entre as distintas accións desenvolvidas ao longo do curso, este ano volvemos participar no programa Katorce18, orientado a informar 
Leer más
Durante varios días da pasada semana, o noso centro tivo o pracer de recibir a visita Erasmus+ dun grupo procedente de Atuarfik Hans Skole, en Nuuk (Groenlandia 🇬🇱). A mobilidade contou coa participación de 21 alumnos, 2 profesores e 2 pais, que compartiron connosco unha experiencia educativa e cultural moi enriquecedora. A xornada de benvida incluíu unha presentación do centro 
Leer más
Esta mañá tivo lugar no noso centro a entrega do premio “Vídeos pola Igualdade 2026”, un recoñecemento ao traballo do alumnado no ámbito da igualdade e a tecnoloxía. O premio foi concedido ao alumnado de 1º da ESO, xunto coa súa profesora María José Gil, polo seu talento, creatividade e compromiso. O acto contou coa participación de Rianna, representante da 
Leer más
Hoxe comezou a experiencia de observación da nosa profesora Eva Pousa no Agrupamento de Escolas de Santo André. Unha oportunidade para compartir e aprender novas prácticas educativas. Nesta primeira xornada visitou os distintos centros do agrupamento, coñecendo a súa organización, instalacións e formas de traballo. Destaca o gran ambiente colaborativo e o compromiso cunha educación inclusiva e de calidade A 
Leer más
O noso centro está de noraboa 🎉. O alumnado de 1º da ESO, xunto coa súa profesora María José Gil, resultou gañador do concurso “Vídeos pola Igualdade 2026”, un recoñecemento ao seu excelente traballo, creatividade e compromiso coa igualdade 💜 Este certame, organizado pola Cátedra ALDABA-WIB en colaboración coas universidades galegas, tiña como obxectivo a creación dun vídeo curto orientado 
Leer más
 Achégase a décimo terceira edición do Festival do Libro «Pérdete nun libro. Atópate lendo» cun programa repleto de actividades. Non deixes de consultar o programa nesta ligazón. E visita o blog para ver o que se estás facer ao longo destes 3 días.
Leer más
O alumnado de 3º e 4º da ESO participou recentemente en dous talleres formativos financiados polo Concello de Ourense. As sesións estiveron centradas en dous ámbitos de grande importancia para a formación integral do estudantado: a prevención de accidentes e os primeiros auxilios. A través destas actividades, o alumnado puido achegarse a contidos prácticos e útiles para saber como actuar 
Leer más
Hoxe demos comezo a unha nova e ilusionante experiencia dentro do programa Erasmus + no noso colexio. Recibimos a visita de dúas alumnas e dúas profesoras procedentes dun instituto italiano da cidade de Módica, que compartirán con nós unha estancia de cinco días. Durante esta semana, queremos darlles unha calorosa benvida e ofrecerlles a oportunidade de coñecer de preto tanto 
Leer más