Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Noticias

Esta mañá tivo lugar a entrega de premios da X edición do Premio do Estatuto de Autonomía de Galicia de debuxo e redacción escolar organizado pola Deputación de Ourense cuxo tema foi “Galicia e as súas catro provincias”.   Moitos parabéns a todos os premiados! Alberto López Conde e Julio Iglesias Sieiro de 3º ESO Xinyao Chen Chen de 4º 
Leer más
Felices vacacións de Semana Santa! A actividade lectiva reanúdase o martes, 11 de abril.
Leer más
O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data que ten como obxectivo visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e promover a súa participación social como cidadáns e cidadás de pleno dereito. No noso centro, realizamos actividades de sensibilización e preparamos un photocall para realizar fotos, que difundimos mediante o 
Leer más
O alumnado de 4º da ESO asistíu a unha charla sobre Intelixencia Artificial enmarcada no noso Plan Dixital e impartida por Pedro Cuesta Morales, doutor en informática e profesor da  Universidade de Vigo. Pedro explicoulles que é esta rama da Ciencia, a súa historia, as súas aplicación e os retos que trae consigo. Ademais, amosoulles o manexo de ferramentas de 
Leer más
Encántanos o novo recuncho da aula de 4º de primaria: “O hospital das palabras”, un mural no que se aloxaran as palabras con erros ortográficos para ser “curadas”. Nel podemos atopar as “palabras enfermas”, as “palabras curadas” e o persoal sanitario. Cada vez que atopemos unha palabra mal escrita, colocarémola na columna das “palabras enfermas”. As palabras quedan ingresadas ata 
Leer más
Queremos darlles a benvida a Marìa e Corinne, dúas student-teachers dos Estados Unidos procedentes da University of Alabama e da Kent State University, que estarán con nós ata principios de maio nas aulas de Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO para completar os seus estudos e axudar ó alumnado a mellorar a súa competencia en lingua estranxeira. Welcome!
Leer más
O alumnado de 3º e 4º ESO asistíu a unha interesante charla titulada “Educación deportiva para a vida” da man do psicólogo Ángel Rodríguez sobre a relación entre o deporte e a psicoloxía. Con esta actividade, a asociación “Suelta los frenos” e a Concellería de Educación do Concello de Ourense pretenden achegar a psicoloxía, fomentar o deporte e promover o benestar físico 
Leer más
O alumnado de 5º de primaria foi ao Liceo para participar en “Encontros co Autor”, unha actividade de promoción da lectura do Concello de Ourense, grazas á que coñeceron a Lois Pérez, o autor dun libro que veñen de ler “A gruta da Torre”. Ao longo do encontro, Lois Pérez explicoulles as súas fontes de inspiración, o proceso de creación 
Leer más
Velaquí varias imaxes da charla ao alumnado de 4º da ESO sobre a importancia de doar sangue, unha mostra de solidariedade que poden facer ao chegaren a maioría de idade. Durante a charla tamén repasaron a composición do sangue, os grupos sanguíneos e a compatibilidade nas transfusións. Grazas a Concellería de Educación e ao Centro de Transfusións de Galicia por 
Leer más
¡Nos encantan los detalles que los peques de infantil han hecho para obsequiar a sus papás en su día! ¡Feliz día, papás! Para saber más, visita los blogs de infantil: BLOG DE 5 AÑOS BLOG DE 4 AÑOS BLOG DE 3 AÑOS
Leer más