Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Author: Colegio Padre Feijoo-Zorelle

A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional acaba de publicar a Orde do 28 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con 
Leer más
O alumnado da ESO participou onte nunha xincana polos diferente establecementos da Praza de Abastos como parte de Localízate! No teu comercio local, Unha das máis de 70 accións recollidas no Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, coa que se pretende achegar ao alumnado os beneficios do comercio local. Traballaron diversas competencias clave a través do movemento, o traballo en equipo 
Leer más
Onte pola mañá, un grupo de alumnos e alumnas de Primaria participou na xornada Danza na Praza, unha actividade organizada no marco dun seminario intercentros de música e danza tradicional galega. A praza encheuse de música, movemento e emoción: arredor de 400 nenos e nenas bailaron e cantaron diferentes pezas da tradición galega para celebrar as Letras Galegas. A xornada 
Leer más
O alumnado de 4 da ESO comeza a súa mobilidade Erasmus de 5 días no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataide en Peniche, Portugal, cunha programación chea de actividades. Estade atent@s ao blog Erasmus para saber do seu día a día!
Leer más
Hoxe é o Día de Europa e imos celebralo con moitas actividades! Moitas grazas ao alumnado integrante no programa Escola Embaixadora do Parlamento Europeo por montar este estupendo punto de información para celebrar o Día de Europa. Achegádevos a consultar toda a información dispoñible! Podes ver todas as actividades no blog de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.
Leer más
María José Novo e María José Gil, profesoras de infantil/música e de inglés/francés na ESO, están a realizar unha estadía de observación de 5 días no Istituto Comprensivo Card G. B. Gusmet en Nicolosi, Sicilia. Podes seguir o seu día a día no blog Erasmus.  
Leer más
O alumnado da ESO participou hice nun obradoiro de sensibilización de vítimas de tráfico organizado pola DGT e o Concello de Ourense grazas ao que concienciáronse sobre o impacto emocional e social dos accidentes de tráfico. Moitas grazas, Félix, polo teu gran exemplo de resiliencia e superación!
Leer más
O venres 2 de maio é o día non lectivo elixido polo centro. As aulas reanúdanse o luns, 5 de maio. Feliz descanso!
Leer más
O Ministerio de Educación abriu a convocatoria de axudas para alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2025-2026. Estas axudas están pensadas para apoiar ás familias e garantir que todo o alumnado poida recibir a educación que necesita. No noso centro poden solicitalas os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria e ESO que teñan cumpridos 
Leer más
Hoxe 30 de abril voltamos á normalidade. Retomamos a actividade lectiva en todos os niveis educativos. ✨Agardámosvos!
Leer más