O alumnado de 6º de primaria ven de participar en «Dobraxe na Escola», unha actividade organizada pola Concellería de Educación, grazas á que achegáronse a aspectos clave na dobraxe das películas de animación como a pronuncia, cadencia, ritmo, entoación e intención. Tamén aprenderon a importancia da concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que puideron dobrar esceas de «Bob Esponxa». Grazas por esta oportunidade!