Jueves, 24 de Septiembre de 2015 10:31

FROM OURENSE TO THE WORLD: POSTCROSSING AT PADRE FEIJOO-ZORELLE

 Boas novas!

Comprácenos anunciar a posta en marcha dun proxecto en inglés “From Ourense to the World: Postcrossing at Padre Feijoo-Zorelle” (Desde Ourense para o mundo: Postcrossing no colexio Padre Feijoo-Zorelle)

 

Trátase dun proxecto interdisciplinar de centro no que alumnos e profesores de varios niveis intercambian tarxetas postais con persoas de calquera punto do planeta. O envío e recepción de tarxetas é só o primeiro paso do proxecto; quizais o aspecto máis interesante sexa a busca e difusión de información acerca dos lugares de orixe e procedencia das tarxetas e, por suposto, acerca de Ourense e provincia.


profile



A continuación presentamos os OBXECTIVOS ESPECÍFICOS deste proxecto:

- Mellorar a competencia en inglés do alumnado e do profesorado.

- Reflexionar sobre o valor do inglés como lingua internacional.

- Ampliar os coñecementos de xeografía física e política dun xeito motivador e auténtico.

- Ampliar a competencia cultural e fomentar o respeto pola diferencia ao tempo que investíagse sobre a cultura e tradicións dos lugares de orixe e destino das postais.

- Dar a coñecer Ourense e a súa provincia.

- Valorar o patrimonio cultural e natural de Ourense.

Co fin de difundir información acerca do proxecto, vimos de habilitar un blog ao que podes acceder facendo clic AQUÍ ou na seguinte imaxe:


  • blog


Verás que a información do blog está organizada por seccións:


WELCOME 


ABOUT US 


TRAVELLING POSTCARDS: Nesta sección poderás ver as postais enviadas e recibidas.


WHY POSTCROSSING: Aquí poderás descubrir as vantaxes de levar a cabo este proxecto.


EXPLORING PLACES: Visita esta sección se queres obter información detallada dos lugares de orixe e de destino das tarxetas.


DISCOVER OUR HOMETOWN: Aquí atoparás información sobre diferentes lugares de Ourense e da súa provincia.


OUR POSTCARD WALL: Aquí verás como expomos as postais recibidas.


POSTCROSSING TUTORIAL: Nesta sección atoparás un vídeo-titorial que amosa como usar o sitio web que fai posible este intercambio.


Grazas a todo o alumnado e profesorado por facer posible este ilusionante proxecto e HAPPY POSTCROSSING!!

 

Ultima modificacion el Jueves, 24 de Septiembre de 2015 10:57
ir arriba