Boas novas!
Vimos de renovar as aulas de 4º e 5º de primaria para convertelas en aulas dixitais dotadas co seguinte equipamento:
- Panel dixital interactivo de 62» ou superior, con sistema de anclaxe a
- Equipo de sobremesa con licenza Windows, antivirus e cortafogos
Esta renovación é posible grazas á subvención recibida ao amparo da ORDE do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Obxectivos
A conversión destas aulas dixitais axudará ao alumnado destes grupos:
- Actualizar diariamiente o seu caderno dixital de aprendizaxe de cada un dos grupos
- Levar a cabo tarefas dixitais na aula
- Lograr con facilidade os obxectivos recollidos no Plan Dixital:
- Sacarlle partido ás aulas virtuais
- Fomentar a avaliación formativa a través de ferramentas dixitais,
- Levar a cabo un seminario de seguridade na rede.
- Reflexionar e compartir estratexias e técnicas de busca, selección e tratamento da información disponible na rede.