Benvidos á web do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle!


facebook 002  TWITTER  INSTA  diigo 001  youtube -_copia  ivoox  BLOGS  EU flag-Erasmus  logo-epas-espana-02   extra

   

O CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle é un centro educativo concertado cunha oferta educativa que abrangue desde o 1º curso do 2º ciclo de educación infantil (3 anos) ata o 2º curso de bacharelato, con ensino gratuíto sostido con fondos públicos desde 3 anos ata o 4º curso da educación secundaria obrigatoria (ESO). En liñas xerais, a finalidade do noso centro é garantir unha formación integral do alumnado que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade e do seu talento, acadando unha imaxe positiva e equilibrada de sí mesmos e da contorna na que viven para o exercicio dos seus dereitos e deberes como cidadáns. Ademais, e en estreita relación con esta finalidade, intentamos axudar ao alumnado a adquirir autonomía persoal para cursar con aproveitamento as etapas educativas propias das ensinanzas obligatoria e post-obligatoria ou para a inserción laboral.


REPORTAJE


 O centro conta cunha ampla experiencia no desenvolvemento de prácticas educativas innovadoras, nas que se fomentan as competencias clave e a creatividade, o talento e a cooperación a través de proxectos recoñecidos empregando as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Consulta os blogs de aula e os sitio a continuación para saber máis.

Grazas pola túa visita!

foto-poster-erasmus 

ESCUELAEMB 

portada-postcrossing

CIENCIAACTIVA 

 festival