O alumnado de 4º da ESO asistíu a unha charla sobre Intelixencia Artificial enmarcada no noso Plan Dixital e impartida por Pedro Cuesta Morales, doutor en informática e profesor da Universidade de Vigo. Pedro explicoulles que é esta rama da Ciencia, a súa historia, as súas aplicación e os retos que trae consigo. Ademais, amosoulles o manexo de ferramentas de Intelixencia Artificial, o cal espertou a súa curiosidade e lles axudou a aprender de forma activa. Moitas grazas, Pedro!
Podes consultar o material empregado na charla nesta ligazón: Intelixencia Artificial