Encántanos o novo recuncho da aula de 4º de primaria: “O hospital das palabras”, un mural no que se aloxaran as palabras con erros ortográficos para ser “curadas”. Nel podemos atopar as “palabras enfermas”, as “palabras curadas” e o persoal sanitario. Cada vez que atopemos unha palabra mal escrita, colocarémola na columna das “palabras enfermas”. As palabras quedan ingresadas ata que o alumnado dea coa forma de curalas. Unha vez curada, quedará uns días ingresada no hospital supervisada polo alumno/a que a curou; pasados 3 días, daráselle a alta.
Parabéns a tod@s!
Para saber máis, visita o seu blog.