O alumnado de 1º da ESO, acompañado pola súa titora, Rosa Pérez, e polo seu mestre, Felipe Iglesias, gozou dunha fantástica xornada no Parque Acuático de Cerceda como recompensa por ter acadado o Premio do concurso Clases sen Fume.
Ao longo do día, os rapaces e rapazas puideron desfrutar das diferentes atraccións do parque, compartir momentos de convivencia cos seus compañeiros e celebrar o éxito conseguido grazas ao seu esforzo, compromiso e traballo en equipo.
Este recoñecemento pon en valor a importancia de promover hábitos de vida saudables, así como actitudes de responsabilidade, cooperación e respecto, principios que o alumnado soubo demostrar ao longo de todo o curso.
Desde o centro queremos felicitar a todo o alumnado participante polo excelente traballo realizado e agardamos que esta experiencia se converta nun recordo inesquecible desta etapa escolar.

