Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Xornada: “Exploración espacial: pasado, presente e futuro» no edificio Politécnico

O alumnado da ESO participou na xornada divulgativa “Exploración espacial: pasado, presente e futuro”, celebrada no edificio Politécnico. A actividade permitiulles achegarse ao mundo da exploración espacial desde distintas perspectivas, combinando a ciencia, a innovación tecnolóxica e a perspectiva de xénero.

A xornada comezou coa conferencia de Paloma Gallego, enxeñeira de sistemas no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), quen explicou as áreas de traballo deste centro e a súa relevancia na carreira espacial en España. A continuación, Daniel Franco Gutiérrez, responsable de innovación aberta en Airbus Defence and Space, presentou o proxecto Gravitas, centrado nos efectos da gravidade no corpo humano e os retos das futuras misións espaciais.

Entre ambas conferencias, o alumnado percorreu diferentes postos divulgativos nos que puideron descubrir como a tecnoloxía espacial ten aplicacións reais en ámbitos como a alimentación, a robótica ou as comunicacións.

A xornada puxo tamén un acento especial na visibilización do papel das mulleres na ciencia e na exploración espacial. A través da exposición Elas leváronnos á Lúa, do libro Elas leváronnos ao espazo (do colectivo eXXperimenta en Feminino) e da presentación da asociación Ellas Vuelan Alto, o estudantado coñeceu o legado de moitas mulleres que foron clave para facer posible a chegada do ser humano ao espazo.

Unha actividade inspiradora que combinou divulgación científica, igualdade e vocacións STEM.