O alumnado de 3º da ESO, acompañado pola xefa de estudos, a orientadora e a profesora de inglés, ven de participar na xornada de peche do proxecto Erasmus KA2 #DTICEQT na facultade de Ciencias da Educación da USC, na que explicaron o seu traballo ao longo de 2 anos, aseado nun enfoque de resolución de problemas que lles permitíu desenvolver a súa competencia dixital, a creatividade e o espíritu emprendedor.
Ademais, participaron en obradoiros de realidade virtual, creación de podcasts e de emprendemento e foron entrevistados pola TVE acerca da experiencia.
Para saber máis, visita o blog Erasmus.