Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Visita do conservatorio

Onte recibimos na escola a visita de profesorado do conservatorio que acudiron acompañados do seu alumnado para achegar ao noso centro o mundo da música e dar a coñecer de preto distintos instrumentos.

O alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Educación Primaria tivo a oportunidade de descubrir instrumentos como o fagot, o oboe, o saxofón, o violín, a viola, o acordeón ou o violonchelo. A través desta actividade, puideron escoitar os sons característicos de cada un deles e coñecer as súas particularidades, o que espertou grande interese e curiosidade entre o alumnado.

Esta iniciativa forma parte dunha campaña de achegamento do conservatorio aos centros educativos, co obxectivo de fomentar o interese pola música e dar a coñecer as posibilidades formativas que ofrece este ámbito.

A xornada desenvolveuse nun ambiente participativo e enriquecedor, no que o alumnado non só aprendeu sobre os instrumentos, senón que tamén puido interactuar, facer preguntas e vivir unha experiencia diferente dentro do contexto escolar.

Desde o centro queremos agradecer ao conservatorio a súa visita e a oportunidade de compartir con nós esta actividade tan motivadora, que contribúe a ampliar horizontes e a espertar vocacións musicais entre os máis pequenos.

Anterior