O alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de visitar a exposición Óxido, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, do escultor Manolo Lanchas, quen, ademais, foi antigo alumno do noso colexio.
Durante a visita, gozaron moito e quedaron abraiados ao descubrir como o artista transforma metais reciclados e paus devoltos polo mar en verdadeiras obras de arte.
Máis de trinta obras forman esta exposición: Un” pavo real” feito con ferraduras de cabalo ou unha “avespa velutina xigante” construida con ferros reciclados e depósitos de combustibles de motos antiguas, entre outras.
Unha das pezas que máis lles chamou a atención foi un cabalo a tamaño natural, realizado con paus arroxados á costa polo mar, que impresionou a todos pola súa forza e realismo.
Ademais, Manolo Lanchas tivo o fermoso detalle de achegarse ata a exposición para compartir este momento cos nosos alumnos, responder ás súas preguntas e explicarlles a súa visión artística.
Queremos expresar o noso agradecemento a Manolo Lanchas pola súa proximidade e xenerosidade, así como por inspirar aos nosos estudantes co seu talento e creatividade.