Onte pola mañá, Alberto Conde e Julio Iglesias, gañadores da décima edición do Premio Estatuto de Autonomía de Galicia, convocado pola Deputación de Ourense, visitaron a sede do Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo seu titular, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante o encontro, pudieron repasar as orixes e o funcionamento da Cámara galega e a importancia do Estatuto de Autonomía, como clave para o desenvolvemento do autogoberno que Galicia exerce desde hai algo máis de catro décadas.
Parabéns aos dous e grazas ao Parlamento por esta estupenda acollida!