O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil participou na saída didáctica “Coñece a túa cidade”, unha actividade que lles permitiu descubrir algúns dos lugares máis emblemáticos de Ourense e achegarse á súa historia, patrimonio e riqueza cultural.

Acompañados polo guía Martiño, os nenos e nenas iniciaron o percorrido nas As Burgas, onde puideron observar a auga termal que brota do corazón da cidade e coñecer algunhas das lendas vinculadas a este emblemático espazo ourensán.
A visita continuou pola Praza Maior, un dos puntos máis representativos da cidade, onde descubriron a súa característica inclinación e a importancia que ten como lugar de encontro para a cidadanía.
Posteriormente, achegáronse á Casa do Concello de Ourense, onde aprenderon algúns aspectos relacionados co funcionamento e a organización da cidade. A xornada rematou na Catedral de San Martiño, unha das principais xoias do patrimonio histórico e artístico de Ourense, na que puideron coñecer parte da súa historia e relevancia cultural.
Esta actividade permitiu ao alumnado aprender dun xeito vivencial, observando de primeira man espazos significativos da súa contorna e fomentando o coñecemento, o respecto e o coidado do lugar onde viven.
O centro agradece a Martiño a súa colaboración e o acompañamento durante esta enriquecedora experiencia educativa.
