Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Tertulias Literarias

Hoxe, o alumnado de 4º da ESO tico a oportunidade de participar nunha enriquecedora tertulia literaria en galego no Liceo de Ourense. Esta actividade, xestionada polo Concello de Ourense, congregou estudantes de diversos centros educativos da nosa cidade, fomentando o intercambio de ideas e a paixón pola literatura na nosa lingua.

A nosa profesora, Carmen García, xunto con outros docentes, liderou a sesión centrada no libro Indomable de Alberto Mancebo. A obra sitúanos no ano 2041, onde unha tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar ameaza o planeta. Nora, a protagonista, lembra unha situación similar acontecida sete anos antes mentres tenta cargar o seu coche nunha electrolineira de Negreira para reunirse coa súa familia en Santiago e buscar refuxio. A viaxe preséntase chea de desafíos, obrigando aos personaxes a debater entre a solidariedade e a supervivencia individual.

A tertulia foi apaixonante; numerosos alumnos e alumnas interviñeron, compartindo as súas opinións sobre diversos temas suscitados pola novela, sempre baixo a guía atenta do profesorado. Este tipo de encontros non só enriquecen o noso coñecemento literario, senón que tamén fortalecen os lazos coa nosa cultura e lingua galega.