Velaquí varias imaxes da saída que o alumnado da ESO fixo á Ribeira Sacra no marco do programa “Coñece Ourense” da Deputación. Visitaron os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo e Santa Cristina. Foi unha intensa xornada onde aprenderon a valorar a arquitectura románica in situ dunha forma lúdica.
Grazas á Deputación de Ourense por esta oportunidade!