Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Rastreadores da paz

Con motivo do Día da Paz, a biblioteca do centro deixou de ser, por un día, un espazo de silencio para converterse nun auténtico centro de operacións. O alumnado de 3º de ESO e de Educación Especialparticipou nunha experiencia diferente, na que a educación en valores e a alfabetización dixital foron da man baixo o título “Misión: Rastreadores de Paz en Google Earth”.

O obxectivo principal da actividade foi aprender a utilizar Google Earth como ferramenta de investigación e descubrimento. Seguindo unha guía técnica adaptada, os alumnos e alumnas practicaron como introducir coordenadas xeográficas, navegar polo relevo e empregar o Street View para “baixar á rúa” e explorar monumentos e espazos significativos de todo o mundo.

A través desta viaxe virtual, o alumnado visitou distintos lugares cargados de simboloxía e historia, reflexionando sobre o seu significado:

A Ponte de Mostar (Bosnia e Herzegovina): un exemplo de como a reconstrución pode axudar a unir o que a guerra destruíu.

O Muro de Berlín (Alemaña): unha parada para pensar no impacto de separar comunidades con formigón e ideoloxías.

A Cúpula de Hiroshima (Xapón): unha poderosa lección visual sobre a necesidade de manter viva a memoria para non repetir os erros do pasado.

A Catedral de Coventry (Reino Unido): un espazo para analizar o perdón como alternativa á vinganza.

Para pechar a actividade, cada estudante buscou o seu propio “recuncho de paz” no mapa e localizou tamén o Palacio da Paz da Haia, comprendendo que a paz non é algo abstracto nin alleo, senón unha construción diaria baseada no diálogo, o respecto e a convivencia.

Foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora na que a tecnoloxía serviu de ponte para conectar coas realidades históricas e cos valores universais, demostrando que aprender tamén pode ser viaxar… sen saír da biblioteca.