Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Premios “Clases sen fume”

O alumnado de 1º da ESO foi distinguido co Premio Accésit do concurso Clases sen Fume 2026, unha iniciativa que fomenta a prevención do consumo de tabaco e a adquisición de hábitos saudables entre os máis novos. Este galardón recoñece o traballo e a implicación do alumnado e do profesorado na promoción dunha vida sa e responsable.

Por outra banda, o profesor Felipe Iglesias recibiu o Premio á Innovación Educativa 2026, concedido pola Consellería de Educación e Sanidade, en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu compromiso coa mellora continua da práctica docente e coa incorporación de metodoloxías innovadoras ao proceso educativo.

Desde o Colexio Padre Feijoo Zorelle queremos felicitar ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado por estes logros, que son motivo de orgullo para toda a comunidade educativa.

Seguimos traballando con ilusión para ofrecer unha educación de calidade, baseada nos valores, a innovación e o crecemento compartido.