Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Premiados no VII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe tivo lugar a entrega de premios do VII Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia organizado pola facultade de Ciencias e as Escolas de Aeronáutica e Informática da Universidade de Vigo. Dous alumnos do colexio foron premiados e asistiron ao acto acompañados pola directora para recoller diplomas e galardóns.

Parabéns a Alejandro López de 3º de ESO, que resultou gañador do 1º Premio na modalidade literaria do alumnado de secundaria, cunha fermosa poesía titulada: “La Dama de las mil profesiones”. Parabéns  tamén a Alexandra González de 5º de primaria, que acadou o 2º premio na modalidade visual de primaria, cun bonito debuxo onde destacaba as cualidades que ten unha muller científica.