O alumnado de 5º e 6º de primaria visitou o Parlamento de Galicia para seren “Deputados por un día”, unha actividade enmarcada no programa “Abraza tus Valores” de Aldeas SOS grazas á que expuxeron e votaron por propostas e compromisos relacionados coa calidade na educación, igualdade de xénero e coidado do medio ambiente.
Grazas ao Presidente do Parlamento, D. Miguel Santalices, por unha cálida acollida e pola cariñosa mención a Don Honorato Losada, o noso querido director, falecido hai unhas semanas.
Logo da actividade, o alumnado puido visitar lugares emblemáticos de Santiago, como a Praza do Obradoiro e o Parque da Alameda.