Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Parabéns, Samuel!

O noso centro quere felicitar ao alumno Samuel Alejandro Gómez Zambrano, quen resultou gañador na fase escolar da XIII edición do concurso Carta a un militar español.

Nesta edición, o alumnado debía redactar unha carta dirixida aos primeiros pilotos militares españois, reflexionando sobre a importancia das súas fazañas e os valores que representan, como o esforzo, a valentía, o compromiso e a superación.

Queremos destacar o excelente traballo realizado por Samuel, así como a sensibilidade e madurez coa que abordou esta temática.

A súa carta participará agora na fase provincial, xunto coas propostas doutros centros educativos.

Dende aquí, desexámoslle moita sorte na seguinte fase e reiteramos os nosos parabéns polo gran logro acadado.