Este foi un día moi especial para a nosa comunidade educativa. O alumno de 6º de Primaria Olivier García resultou gañador do Certame de Postais de Nadal do Concello de Ourense, un recoñecemento ao seu talento artístico e á súa creatividade.

A entrega do premio tivo lugar hoxe no propio centro, nun pequeno acto no que contamos coa presenza da concejala de Educación e Xuventude, Tamara Silva, quen fixo entrega do galardón e felicitou persoalmente a Olivier polo seu magnífico traballo.
Desde o colexio queremos expresar o noso orgullo polo logro acadado e animar a todo o alumnado a seguir creando, expresando e participando en iniciativas que fomenten a arte e a ilusión nestas datas tan especiais.
Parabéns, Olivier!
