Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Parabéns á compañía Piruleta

Compartimos algunhas imaxes da actuación da compañía de ópera Piruleta, formada polo alumnado da aula de 5 anos, que puxo en escena a súa ópera Salvar el Mundo, no marco do proxecto LOVA, a ópera como vehículo de aprendizaxe.

Esta representación foi o broche final a un intenso traballo desenvolvido ao longo de nove meses, baixo a coordinación da súa titora, María José Novo. Durante este tempo, os nenos e nenas descubriron que unha compañía de ópera é como un pequeno planeta, no que todas as persoas desempeñan unha función importante e no que o traballo en equipo, a responsabilidade e a colaboración son fundamentais para acadar un obxectivo común.

A través desta experiencia, tiveron a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, expresar as súas emocións e comprobar que, cando todos e todas achegan o mellor de si, os resultados son extraordinarios.

Noraboa á compañía de ópera Piruleta por este magnífico traballo e por unha actuación que, sen dúbida, permanecerá no recordo de toda a comunidade educativa.