Como parte do proxecto interdisciplinar As culturas antigas e a educación actual: o ensino e a escrita no mundo antigo, o noso alumnado ven de participar nun obradoiro no que se familiarizaron coa cultura do Antigo Exipto a través do seu sistema de escritura. Trátase do primeiro de varios obradoiros organizados por profesoras das facultades de Historia e de Educación e Traballo Social do campus de Ourense nos que se achegarán de xeito lúdico ao antigo Exipto, Grecia e Roma.
Moitas grazas por esta oportunidade.
Para saber máis preme aquí.