A semana pasada, o alumnado de 1º e 5º de Primaria participou nun obradoiro moi especial na Aula de Polos Creativos.

Durante unha hora, exploraron o mundo da radio:
🎛️ Coñeceron micrófonos, mesas de mesturas e auriculares
📡 Aprenderon conceptos como frecuencia, gravación e emisión en directo
🎤 E deron renda solta á súa creatividade con gravacións espontáneas, contos improvisados e reflexións persoais.
Unha experiencia para potenciar a expresión oral, a creatividade e a desinhibición.
Parabéns ao alumnado e ao equipo docente: Emilio Rodríguez Tilve e Eva Rodríguez Lage!
