Velaquí varias imaxes do obradoiro de xadrez promovido pola concellería de educación, que tivo lugar en 4º de primaria. Foi unha actividade na que o alumnado puido achegarse a este deporte que tantos beneficios aporta xa que contribúe a mellorar a concentración, o calculo, a memoria o control do espazo ou o tempo, a imanixación, o autocontrol e a creatividade, ao tempo que forma en valores como a empatía, o respecto ou a xustiza.
Grazas por unha actividade tan interesante!