Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Obradoiro de saúde bucodental en 5 anos

O alumnado de 5 anos participou recentemente no obradoiro de saúde bucodental “Mira que boca!”, unha actividade organizada pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras dentro do programa de saúde bucodental en Atención Primaria.

Ao longo da sesión, os nenos e nenas aprenderon a importancia de manter uns bos hábitos de hixiene oral e coñeceron diferentes medidas de prevención das enfermidades bucodentais. A través de explicacións adaptadas á súa idade e actividades prácticas, traballaron aspectos fundamentais relacionados co coidado diario dos dentes e a saúde da boca.

Esta iniciativa busca fomentar hábitos saudables desde a infancia e concienciar ao alumnado sobre a importancia da prevención e do autocuidado para manter unha boa saúde bucodental.