A clase de 5º de primaria desprazouse á Praza Maior para asistir a un obradoiro de prevención de incendios organizado polo Concello de Ourense e impartido polo servizo prevención, extinción de incendios e salvamento”. Ademais de coñecer o labor dos servizos de emerxencia dos que dispón o concello, o alumnado aprendeu pautas básicas para previr incendios e identificar riscos así como instrucións básicas de autoproteción en caso de emerxencia.
Moitas grazas por unha actividade tan divertida como necesaria!