O alumnado da ESO participou onte nunha xincana polos diferente establecementos da Praza de Abastos como parte de Localízate! No teu comercio local, Unha das máis de 70 accións recollidas no Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, coa que se pretende achegar ao alumnado os beneficios do comercio local.
Traballaron diversas competencias clave a través do movemento, o traballo en equipo e a escoita activa, conectando ao alumnado co comercio local do seu arredor, permitindo que os máis novos poidan gozar das compras e do lecer de forma independente.