O alumnado de 4 da ESO acudiu a Expourense para participar na I Feira Educativa, un evento que nace coa finalidade de promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe colaborativa e o fortalecemento das relacións entre os distintos niveis educativos e entre alumnos, centros, profesores, directores e outros expertos vinculados ao sector.
A feira tamén é un lugar para compartir experiencias e boas prácticas, reforzar o traballo en rede, crear un espazo de intercambio e promover unha educación inclusiva e innovadora.
Esta iniciativa reflicte a capacidade dos centros para adaptarse aos retos do século XXI, integrando metodoloxías activas, tecnoloxías emerxentes e enfoques orientados á sustentabilidade e ao benestar.
Grazas ao CFR de Ourense por esta oportunidade!