Esta semana, o alumnado de Educación Infantil viviu unha experiencia moi especial na aula de inglés, chea de maxia, aprendizaxe e diversión arredor da temática de Pascua.

A través das historias “Gulpy, the Greedy Monster, Easter” e “We’re going on an egg hunt”, o alumnado mergullouse no idioma de maneira natural e motivadora. A lectura compartida dos contos complementouse con actividades como puzzles, xogos e unha emocionante búsqueda de ovos, na que participaron con gran entusiasmo.
Ademais, a sesión estivo acompañada de música, cancións e baile, creando un ambiente dinámico e participativo que favorece a aprendizaxe significativa.
Durante estas actividades, traballáronse contidos clave como o vocabulario relacionado coa Pascua, os números do 1 ao 10, as cores e as formas. Todo isto realizouse a través do xogo e da experimentación, reforzando así a adquisición da lingua inglesa dun xeito lúdico.
Un dos momentos máis creativos foi a decoración de ovos de Pascua, onde o alumnado axudou a Gulpy utilizando gomets e diferentes materiais. A súa imaxinación e creatividade deron lugar a resultados sorprendentes e moi coloridos.
Este tipo de propostas demostran que aprender inglés a través de contos, o xogo e actividades manipulativas converte cada sesión nunha experiencia única e significativa.
