O alumnado de 3º da ESO participou esta mañá nas xincanas lúdico-educativas do programa “Localízate, Localízate no teu comercio local”, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de crear vínculos de valor entre a mocidade galega e os establecementos comerciais da súa contorna.

A actividade desenvolveuse en formato de carreira por equipos e permitiu ao alumnado percorrer diferentes puntos comerciais da cidade, interactuando cos negocios colaboradores e superando diversas probas ao longo do itinerario. Deste xeito, os participantes puideron coñecer de primeira man a importancia do comercio local e o papel fundamental que desempeña no tecido social e económico do noso entorno.
Este tipo de iniciativas contribúen a achegar a mocidade á realidade do pequeno comercio, favorecendo o contacto directo coas persoas que están detrás de cada establecemento e fomentando valores como o compromiso, a proximidade e o emprendemento.
Desde o centro queremos agradecer á Xunta de Galicia a organización deste proxecto educativo e dinámico, que ofrece ao alumnado unha experiencia enriquecedora e moi positiva.
