O noso alumno Samuel Alejandro Gómez Zambrano, de 4º ESO A, resultou gañador a nivel local do concurso escolar “Carta a un Militar Español”, organizado polo Ministerio de Defensa.
Podes ler a cartaCARTA MILITAR XIII
Este certame ten como obxectivo achegar ao alumnado o labor das Forzas Armadas e fomentar valores como o compromiso, o esforzo e o servizo á sociedade a través da expresión escrita.
A entrega do premio terá lugar a mediados do mes de xuño na Subdelegación do Goberno en Ourense, nun acto no que o galardón será entregado polo representante da Subdelegación.
Desde o centro queremos felicitar a Samuel por este magnífico logro e compartir con toda a comunidade educativa a nosa satisfacción e orgullo polo seu traballo e dedicación.
Parabéns, Samuel!
