O alumnado de 4º da ESO ven de levar a cabo “Coach Kids”, un proxecto enmarcado no Plan Dixital do centro e en Ciencia Activa grazas ao que impartiron obradoiros sobre un uso adecuado e seguro da rede a escolares de primaria. Grazas a Adrián, Brais e Ikbal pola súas explicacións en 5º de primaria sobre como ser máis competentes dixitalmente. Grazas tamén a Leslie, Andrea e Juan José pola exposición feita en 6º de primaria, centrada en “Pantallas Amigas”.
Velaquí varias imaxes:
Fai clic aquí para saber máis.