Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Fálame da emigración. Sesión 2

Hoxe tivo lugar a segunda sesión do programa Fálame da Emigración, un encontro interxeracional que reuniu ao alumnado de 4º da ESO, e persoas senior, nunha mañá de diálogo e aprendizaxe compartida.

Durante a sesión, o alumnado compartiu os seus vínculos persoais coa emigración e, xunto ás persoas maiores, debatiron sobre distintos aspectos:

  • Motivacións e desafíos da emigración, identificando as experiencias vividas polas persoas que deixaron Galicia.
  • Comparación entre emigración galega e inmigración actual, reflexionando sobre semellanzas e diferenzas.
  • Traballo en grupos co obxectivo de extraer conclusións e poñelas en común.

Para rematar, todos visitaron a exposición «Nós tamén fomos emigrantes», comentando en grupo as fotografías e observando como a memoria da emigración segue presente na nosa cultura. 📸

Foi unha sesión enriquecedora, que permitiu conectar xeracións, compartir experiencias e reflexionar sobre o impacto da emigración nas nosas vidas.