Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Xornada musical: “O son da praza”

O alumnado de 6º de Primaria participou esta mañá na xornada musical “O son da praza”, celebrada na Praza Maior de Ourense. Nesta iniciativa educativa e artística déronse cita máis de 400 nenos e nenas de diferentes centros escolares da cidade e da provincia.

O evento, promovido polo grupo de traballo do profesorado de música “Somos Música”, en colaboración co CFR de Ourense, ten como obxectivo poñer en valor a importancia da música nas aulas como ferramenta educativa, creativa e de convivencia.

Durante a mañá, o alumnado participante ofreceu diferentes actuacións musicais, entre as que se incluíron danzas, percusión corporal e cantos, convertendo a Praza Maior nun espazo de aprendizaxe, expresión artística e celebración compartida.

Desde o centro queremos felicitar ao noso alumnado pola súa participación, implicación e excelente comportamento ao longo desta experiencia tan enriquecedora.