A profesora María José Novo está a participar nunha estancia de jobshadowing de cinco días no Istituto Statale Superiore “A. Manzoni” – Liceo Linguistico de Varese, dentro do programa Erasmus+.

Tras a agarimosa benvida de Susana, profesora que o curso pasado realizou unha estancia no noso centro, María José puido coñecer de preto a organización do instituto italiano, compartir experiencias educativas e presentar o noso colexio, a cidade de Ourense e o proxecto LÓVA ao alumnado de español.
Durante esta mobilidade tamén se están intercambiando boas prácticas relacionadas coa xestión de proxectos Erasmus+, fortalecendo novas vías de colaboración internacional entre ambos centros educativos.
Esta experiencia supón unha oportunidade moi enriquecedora para seguir aprendendo, compartindo metodoloxías innovadoras e avanzando cara a unha educación máis aberta, colaborativa e europea.
Para máis información sobre esta e outras actividades internacionais do centro, convidámosvos a visitar o blog Erasmus do colexio.
