As profesoras Chus Corral e Isabel Cachaldora están a realizar unha estancia de observación Erasmus en Módica, Italia, no Instituto Arquímedes, onde comparten esta experiencia con profesorado procedente de Francia e Holanda.
Durante esta mobilidade teñen a oportunidade de coñecer de preto o funcionamento do sistema educativo italiano, intercambiar boas prácticas e fortalecer os lazos de colaboración con outros centros europeos.
Podes seguir o seu día a día e todas as novidades desta experiencia no noso blog Erasmus.
