A nosa directora, Beatriz Temes, atópase estes días na fermosa cidade de Split (Croacia)participando nunha mobilidade Erasmus+ de 5 días de duración. Alí está a realizar un curso intensivo de 6 días sobre competencia dixital, xunto con profesionais do ensino procedentes de Irlanda, Lituania e Polonia. Esta experiencia internacional non só é unha oportunidade para mellorar as competencias tecnolóxicas, senón tamén para compartir visións, metodoloxías e boas prácticas co profesorado doutros países europeos.
Segue o seu día a día no blog Erasmus!