Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Entrega do premio “Vídeos pola igualdade”

Esta mañá tivo lugar no noso centro a entrega do premio “Vídeos pola Igualdade 2026”, un recoñecemento ao traballo do alumnado no ámbito da igualdade e a tecnoloxía.

O premio foi concedido ao alumnado de 1º da ESO, xunto coa súa profesora María José Gil, polo seu talento, creatividade e compromiso.

O acto contou coa participación de Rianna, representante da Cátedra ALDABA, e de Alma Gómez, en representación das universidades colaboradoras, quen fixeron entrega do galardón.

Este concurso, organizado pola Cátedra ALDABA-WIB en colaboración coas universidades galegas, consistía na creación dun vídeo curto para promover a igualdade no ámbito das TIC, fomentando a participación das mozas neste sector e contribuíndo a romper estereotipos.

Dende o centro queremos felicitar ás persoas premiadas polo excelente traballo realizado.