Coincidindo co Día da Biblioteca, hoxe pola tarde tivo lugar a entrega do premio do concurso “E ti que contas?”, organizado pola Federación Empresarial de Madeiras de Galicia, na clase de 5 anos.
Alexandra exerceu de magnífica contacontos para presentarnos «Maruxa, Xaquín e Fuco fabrican material escolar», unha preciosa historia na que os protagonistas do célebre conto “Os Tres Porquiños” elaboran un andel en madeira para regalarlle ao colexio do seu pobo. Moitas grazas, Alexandra!
Grazas tamén ao director xeral de Medio Rural, ao presidente da FEARMAGA e a todas as persoas que nos acompañaron e que fixeron desta conmemoración un día moi especial cheo de maxia, emoción e agasallos!
Para saber máis, visita o blog de 5 anos.