No día de hoxe tivo lugar a entrega de premios do Concurso de Tarxetas de Nadal, unha actividade na que o alumnado amosou unha grande creatividade, imaxinación e espírito navideño a través dos seus traballos.

A entrega foi realizada pola xefa de estudos, Bea Nieto, quen felicitou ao alumnado participante polo seu esforzo e dedicación.

Desde o centro queremos agradecer a participación de todo o alumnado e o apoio das familias, que fan posible este tipo de iniciativas. Actividades como esta contribúen a vivir o Nadal no colexio desde a creatividade, a ilusión e o traballo compartido.
