O alumnado de 4 ESO Aplicadas ven de participar nunha actividade organizada por Afundación Abanca grazas á que colaboraron con 4 persoas maiores de 65 nun encontro en torno á emigración.
Nunha primeira sesión, intercambiaron experiencias como emigrantes e como integrantes de familias emigradas/inmigrantes. Nunha segunda e última sesión reflexionaron sobre a historia da emigración, as causas, os cambios e os retos que trae consigo. Grazas por esta oportunidade!