O alumnado de 3º e 4º ESO asistíu a unha interesante charla titulada “Educación deportiva para a vida” da man do psicólogo Ángel Rodríguez sobre a relación entre o deporte e a psicoloxía. Con esta actividade, a asociación “Suelta los frenos” e a Concellería de Educación do Concello de Ourense pretenden achegar a psicoloxía, fomentar o deporte e promover o benestar físico e emocional entre o alumnado dos centros do Concello de Ourense. Grazas por esta oportunidade!