Cada 24 de xaneiro conmemórase o Día Mundial da Educación, unha data para recordar a importancia do acceso á educación na construción da paz e do desenvolvemento persoal e social. No colexio celebramos esta data con actividades que xiraron en torno ao lema «Todos somos pezas clave na educación».