Redes Sociales

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:00 - 18:30

Lunes a Viernes

988 23 04 01

feijoozorelle@gmail.com

Doutor Fleming, 21

32003 - Ourense

08:30 - 18:30

Lunes a Viernes

Día Mundial da Diversidade Cultural

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nunha actividade especial con motivo do Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento, converténdose en xornalista por un día para crear “O Eco Global”, un xornal internacional elaborado integramente polo alumnado.


A través deste proxecto, os rapaces e rapazas investigaron diferentes culturas dos cinco continentes, redactando noticias relacionadas coa diversidade lingüística, as tradicións e a importancia do respecto entre os pobos. A actividade permitiulles ampliar coñecementos sobre distintas realidades culturais e reflexionar sobre o valor da convivencia nun mundo plural e diverso.

O traballo realizado deu como resultado un mosaico cultural que pon de manifesto que as diferenzas enriquecen a sociedade e constitúen un importante patrimonio común.

Ademais do contido educativo, a actividade fomentou a creatividade, o traballo cooperativo e a participación activa do alumnado, que amosou un grande interese e implicación ao longo de todo o proceso.

Parabéns aos nosos pequenos reporteiros polo excelente traballo realizado.