O alumnado de 6 de primaria únese á iniciativa de Saúde Mental FEAFES Galicia portando paraugas de cores para visibilizar unha sociedade diversa e plural, pero con desexos e ilusións por igual.
O 3 de decembro é unha data para promover a inclusión, recoñecer a diversidade e defender os dereitos de todas as persoas, garantindo un mundo máis xusto e accesible para todos e todas. Porque a igualdade real constrúese cada día.